martes, 17 de marzo de 2020

Cousiñas voluntarias para non esquecer o Inglés!

Nestas idades o Inglés debe aprenderse baseado na ESCOITA na súa maior medida. Ademàis de todo o que vós lle poidades aportar, aquí vos deixamos algunhas cancións, aplicacións ou debuxos animados que podedes aproveitar.


Aula das Formiguiñas e os Pitiños:



            

(Actividade modelo: parando a canción cando se menciona unha cor, buscar obxectos na casa desa mesma cor nun perìodo corto de tempo).


           


Five little monkeys, canción traballada dende o conto Dear Zoo que, se non o tedes, tamén podedes atopar en Youtube para repasar animais, cores e tamaños ao igual que esta outra canción:

           


           

Algún capítulo de Meg and Mog, encàntalles! Podedes ir parando, explicando o que pasa se o requiren, e facendo preguntas bàsicas como "what colour is the hat? Is it pink? Blue? Red?"...Ou introducir novo vocabulario que apareza nas imaxes. Se non tedes tempo, non vos preocupedes, os debuxos son moi intuitivos e os nenos/as saberán seguilos. 


           Aula dos Peixiños: 

Ademàis das cancións e os debuxos anteriores, podedes "etiquetar" en tarxetas cousas e cores bàsicos que atopan na casa. Despois, el@s mesm@s, pegan esas etiquetas no lugar correcto, repetindo o vocabulario. Calquera  das actividades propostas onte no blogue, pode facerse, na medida en que sexa posible, en inglés: conteo nas construccións, letras, contos...


Se cociñades con el@s, podedes incluír esta canción, que comezamos a traballar na aula. 

 

Apps para tod@s: 

 As apps TocaBoca gratuítas para Android e iPad son un bo recurso para empregar.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails