lunes, 30 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE: 2º avaliación

Segundo as instrucións recibidas nestes últimos días e a efectos de dar continuidade no calendario escolar, os Centros procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre ao longo desta semana.
Para esta avaliación terase en conta o traballo desenvolvido ata o día 12 de marzo, data na que a Comunidade Autónoma de Galicia adoptou medidas preventivas en materia de saúde pública como consecuencia da evolución da epidemia do Covid-19.


Como podedes acceder ao Boletín informativo de avaliación?

A partir do VENRES 3 DE ABRIL, todas as familias teredes acceso aos Informes dos vosos fillos e fillas a través da aplicación ABALAR MÓBIL. Como sabedes, é unha ferramenta que empezamos a empregar de xeito sistemático na escola durante este ano, axilizando así a transmisión da información (circulares, avisos...) e aportando o noso gran de area para a conservación do medio ambiente co aforro de papel que isto supón.

Sodes moitas as familias que a estades empregando, pero deixamos novamente aquí as instrucións de descarga para aquelas que aínda non a tedes descargada, xa que será a canle oficial de acceso á información da avaliación deste trimestre.


É importante que a escola teña actualizados os vosos teléfonos para que poidades acceder sen dificultade aos datos dos vosos fillos e fillas. Se tedes problemas, podedes consultar os manuais que aparecen ao final da páxina ou chamar ao teléfono da escola (886.120.960).




Bicos grandes para todas e todos e agardamos vervos pronto.
Coidádevos! 

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails