domingo, 15 de diciembre de 2019

Traballo con arxila. 3º proceso de arte.

As veces vemos e observamos o que nós rodea tal e como se nós presenta ante os ollos. Un conxunto de formas e cores que definen o mundo exterior, ou un conxunto de accións que definen unha situación Outras facemos un exercicio máis profundo, interior, e dotamos de significado o que temos presente. Así a través dunha actividade sinxela como o "traballo con arxila", atopo sentimentos de rexeitamento "un material descoñecido, que mancha, escuro e brando", atopo mans que ven a oportunidade de crear, actitudes xenerosas, indiferencia, sorpresa ante as novas sensacións... Vexo o que cada nena/o é . A actividade pasa a ser algo secundario, o importante é o que experimentan a través dela. As actividades son instrumentos... 
Cando as veces escoito " a miña filla/o non fai isto ou aquilo...", penso que o importante non é o que non fan, se non o que sí fan. Cando comparamos desexamos o que non temos. 











No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails