Segundo proceso de intelixencia emocional !
O autocoñecemento dun mesmo é imprescindible para un bo desenvolvemento e coñecer as nosas e nosos compañeiros tamén, xa que garantiza unha mellor convivencia entre outros aspectos.
Neste proceso pintamos a nosa pegada coa cor que mais nos gusta e anotamos en cada dediño información que facilita aos demais coñecernos (os nosos intereses, o que mais nos gusta do cole, o que menos, cales son as nosas comidas favoritas, o que nos gusta facer no noso tempo libre...) logo explicamos ao resto o que anotamos e colgamos fora o mural para que todos e todas poidan saber un pouco mais de nós.



No hay comentarios:
Publicar un comentario