domingo, 15 de diciembre de 2019

Minimundos ♡

No proceso de minimundos desfrutamos do PLACER DE CREAR E EXPERIMENTAR con distintos materiais a partir das provocacións que nos atopamos cando abrimos a porta...
Distintos soportes de xogo (mesas, espellos, chan, alfombras, caixas, troncos, herba...), distintos materiais (pezas soltas, elementos naturais, animais, construcións...). O que favorece o pensamento creativo a través do xogo sensorial, que se enriquece coa interacción que se produce no grupo mixto (formiguiñas, pitiñ@s e peixiñ@s).
Motricidade fina, xogo simbólico, expresión oral, organización do espazo... Tantísimas cousas estamos exercitando neste tempiño tan só XOGANDO cos elementos apropiados 


1 comentario:

Iratxe dijo...

Wow !!!!😍
Qué escuela tan bonita !!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails