sábado, 12 de octubre de 2019

Creacións

Un dos momentos do día dos que máis disfruto son os intres de xogo; os nenos/as aparecen na súa esencia máis pura, sen guías, sen filtros... Bailan, observan contos, debuxan, crean xogo simbólico, manipulan e descubren propiedades dos materiais e xogos que temos na aula... Este curso contamos con novos recunchos, dos que teredes a oportunidade de ver fotos, aínda que moitos xa os coñecedes. 
Grazas a información que proporciona sobre as necesidades das crianzas a observación directa na aula , decidín crear un espazo para construir con bloques de diferentes materiais e formas (círculos e cadrados de madeira, cortiza), animais, e outros elementos que permitan crear e construir seguindo as súas inquietudes e necesidades; outro recuncho que está tendo moito éxito e o de pezas soltas, un mini taller, que conta con material diverso de madeira e cartón; plástico; ferramentas; e conectores (pegamento, cinta, corda, parafusos, velcro etc). 
E con todos estos espazos e materiais a súa disposición os pequenos/as exploran coas cores, as formas, o equilibrio, a simetría, as proporcións, as cualidades da materia, e aparecen cousas tan impresionantes como estas!!!








1 comentario:

Iratxe dijo...

Me encanta ! Dejar hacer , dejar ser 😍
Aprendizaje autónomo , libre ,creativo !!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails