martes, 15 de octubre de 2019

Igualando: Educar en Igualdade



A nosa ANPA solicitou a finais do curso pasado unha subvención para desenvolver un proxecto sobre igualdade que foi concedida!
Así, durante os meses de outubro e novembro organizarán unha serie de actividades de igualdade de xénero dirixidas a familias, docentes e crianzas.

- Actividades das nenas/os: Se realizarán en horario lectivo e consistirán en contos, xogos, clown, dinámicas de grupos, etc.
- Actividades para as familias: Xornadas participativas pola tarde, con servizo gratuíto de monitor/a para atender aos nenos/as que o precisen. Importante coma sempre que vos anotedes no taboleiro para facer previsión.

Outra actividade prevista para finais de novembro é a elaboración dun mural con temática de igualdade e prevención da violencia de xénero deseñado e elaborado por Luis Davila "O Bichero", no que participarán todos e todas as peques da escola. Desexando que chegue o día! :)

Animámosvos a participar nas charlas organizadas para familias, xa que é unha oportunidade única para reflexionar e aprender un chisquiño máis sobre este tema tan importante para as nosas pequenas e pequenos e, por suposto, para a nosa sociedade.

Revisade o taboleiro da ANPA para anotarvos nestes días!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails