domingo, 9 de junio de 2019

Autonomía

"Non podo, non quero, faino ti... Inquietude, berros... Hai días que son así.
Calma, conceder espazo ao outro/a. Os nen@s, son eso "nenos e nenas", necesitan que lles ensinemos a coidarse (hábitos de hixiene e autonomía persoal), a responsabilizarse de tarefas dentro e fora da casa, a xestionar as súas emocións etc. Deste xeito lles regalamos a posibilidade de coidar de si mesmos/as, de coidar do outro/a, de coidar do espazo. De adquirir autonomía e responsabilidade.
Non facer non significa non AMAR. Facer significa que nós necesiten, se me necesitas, me amas. O medo a perder o AMOR é enorme. E tecemos unha morea de tramas para atrapalo. AMAR É AMAR. Un acto xeneroso de entrega, de axuda, de deixar ser e crecer en compañía. 
"Non o fago, faimo ti, profe, as persoas que me queren fano por min".



                               






















1 comentario:

Iratxe dijo...

Amar é ostra cousa. É dar raíces e dar ás , é favorecer a súa autoestima . Non é necesitar . É dar ferramebtas ,é dar acougo, é saber escoltar , validar emocións .. É deixar ser ..
Moi chula a entrada e reflexión ��

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails