Seguimos coñecendo animais raros. Hoxe grazas a Ada, aprendemos moitísimas cousas sobre este animal de Australia, que fai cacas en forma de cubos. Ada fíxoo xenial, ensinándonos co seu corpo, como se move, como escarva na terra, canto mide o Wombat. E ademáis, veu chea de sorpresas e agasallos que fixo o seu papi, cunha impresora 3D. Como dixo Ander "que suerte tener tantos amigos y amigas, porque aprendemos mucho y tenemos muchos regalos". Encantóunos todo o que nos contou, e o molde para plastilina o galletas feito coa impresora, que trouxo de agasallo para todos e todas e que provamos. Pero tamén, os wombats que parecían de verdade, e sobre todo, o que vimos na escuridade, porque o seu pai meteulle unha luz dentro. E logo, fixemos un wombat aprendendo un pouco de origami ou papiroflexia, para facer a cara e o corpo. E completámolo con rotulador. Os cadros que fixemos, quedaron chulíximos!!!










No hay comentarios:
Publicar un comentario