Ada estivo preparando coa súa familia este programa da TV Tegriña, no que nos ensina como é un restaurante por dentro. Mirade que reporteira tan xenial!!!
E tamén trouxo á escola, a carta do restaurante, as tarxetas que lle dan aos clientes para que volvan ou chamen para ir comer alí, e as notas onde os camareiros poñen o que os clientes queren comer e que levan a cociña para que o fagan os cociñeiros e cociñeiras.
Xa pouco nos queda saber, para montar o noso restaurante. Mil grazas familia por achegarnos esta experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario