miércoles, 24 de octubre de 2018

Visitamos a confitería Roxo de Iván!!!

Hoxe, grazas a Cíes e a súa nai Pili, fomos de excursión polo barrio para ver a "Confitería Roxo" de Iván, o pasteleiro que é amigo delas. Pero antes de ir... fixémoslle un agasallo. Seguindo as instrucións de Cíes que era a única que o ceñecía, debuxámolo. Con todos os debuxos fixemos un libro, que lle levamos de agasallo e gustóulle moitísimo.
Logo, estivemos coñecendo un montón de máquinas e útiles que se necesitan nunha confitería. Ensinounos a facer pan e cada un de nos fixemos un bolo. E tamén nos ensinou como se fan as madalenas de chocolate. E mentres esperabamos a que todo se fixera no forno, estivemos facéndolle preguntas a Iván, coñecendo outras cousas do seu obradoiro e tamén, patinamos polo obradoiro!!!
E cando rematou a coción, gardamos os bolos nunha bolsa para levalo, e agasallóunos con todas as madalenas que degustamos e compartimos de volta na escola.
MIL GRAZAS A IVÁN, por convidarnos e facer posible esta experiencia tan fantástica. Pasámolo xenial!!!









1 comentario:

Pili Serantes dijo...

Quero aprobeitar para agradecer a Iván, o esforzó feito desinteresadamente,,facendo os nosos nenos moiii felices e ensinandolles como se traballa no obrador. Gracias profe Elena por sempre facelos así de felices e especiales.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails