domingo, 7 de octubre de 2018

Propostas na aula de tres

Despois do período de adaptación no que os nenos e nenas de tres anos tomaron contacto cun novo espacio, un grupo de iguais descoñecido e unha adulta que non é a súa referencia, chega o momento de establecer certas rutinas e adquirir hábitos. Cando chegan teñen un ratiño para xogar, relacionarse, prestar atención aos seus intereses etc. Despois facemos unha pequena asamblea na que nos saudamos, cantamos, nos relaxamos e disfrutamos da lectura dun conto, co difícil que é a estas idades estar un chisquiño sentados. A continuación, en grupiños de seis, achéganse as diferentes propostas de traballo polas que irán rotando ao longo da semana. O tempo de permanencia e atención é bastante curto como corresponde a estas idades. Aquí tedes algunhas imaxes.

recuncho sensorial (arroz e diferentes utensilios para encher...)
                                   

clasificación de pompóns para o traballo da pinza e as cores
Experimentación con pasta blanca
                           
xogo libre con plastilina








1 comentario:

Unknown dijo...

Que ben!! pouquiño a pouquiño cada un atopa o seu espazo.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails