Hoxe os coelliños e coelliñas tiveron unha nueva profe, Coma a nosa amiga da clase dos maiores. Veu contarnos o proceso que se segue para facer un libro. Porque á súa familia traballa nunha editorial e a súa nai é escritora. Canto aprendemos co mural que trouxo e que fixo coa súa familia, para nos.
Falounos do que é unha editorial. Da xente que traballa na creación e elaboración do libro e dos lugares onde o fan. Os primeiros, os escritores e escritoras que escriben e inventan o texto ou historia. Os ilustradores e ilustradoras que fan os bocetos e logo os colorean. A xente que fai as follas de proba do libro cos textos e ilustracións. Os que as xuntan e poñen as portadas e contraportadas. E os que os imprimen para que haxa moitos iguais e se poidan mercar nas librarías o ver nas bibliotecas.
E como o fixo tan tan ben, tivo bicos, algunha aperta e un agasallo que lle fixemos entre todos. Un Memory de primavera que lle gustou moitísimo e co que xogamos un ratiño.
MIL GRACIÑAS COMBA E FAMILIA.
3 comentarios:
Moitas grazas á clase dos coelliños!! Para Comba foi unha experiencia chulísima ��
Anaír
Gracias Comba ! 😘
Me requeteencanta. Felicidades comba!
Publicar un comentario