Mauro veu falar do seu invento, a bombilla. Pero antes, estivo contándonos que empregaba a xente na escuridade para ver, cando aínda non existían as bombillas.
Ensinounos unha vela que facían coa cera das abellas e comprobamos que non se veía moito. E vimos que cando a cera caía, podía queimarnos. E por iso, se lles ocorreu meter a vela nun candil. E falaron de que iso facía que non se apagara co vento. E algúns contaron que hace tempo, tamén empregaban uns candils que tiñan aceite dentro.
Canto pensamos e canto sabemos!!!
Contóunos como se chamaba o seu inventor Thomas A. Edison, e que materiais empregou para facela. Vimos diferentes tipos de bombillas pola forma, tamaño, cor e miramos como eran por dentro.
Fixemos de bombillas de cores, porque non tiñamos, cuns gorros de celofán preparados para...A LÁMPARA MARAVILLOSA!!! E cos gorros enchemos a clase de luces de moitas cores. Coa verde parecía que estabamos deitados na herba. Coa amarela, viaxamos ao sol e sen queimarnos. Coa azul estabamos no fondo do mar, e coa de cor vermello... sangue,medo ou entre rosas que era máis bonito!!!
Logo, como era unha lámpara maravillosa, fixemos os xenios que saerían delas, segundo a cor do seu gorro. E fixeron un xenios IMPRESIONANTES!!! Chamábanse: Amarillita Pepita, Pelusito azul, Chicachico e Gomososo.
E rematamos poñendo o gorro brando á nosa lámpara maravillosa, para facer sombras máxicas coas mans!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario