Hai uns días Paula trouxo follas de outono. Algunhas estaban molladas e puxémolas a secar. Hoxe estivemos falando do outono e xogando con elas. Fixemos colas de dragón, bolboretas, avións, abelliñas, paxaros, cornos de cervo e moitísimas cousas máis.
E logo, pensamos no proxecto e que facer coas follas...pois gatos e gatas. Fixemos grupos e cada un fixo o seu gato ou gata. Logo tiveron que poñerse de acordo para buscarlle un nome e inventar a súa historia. e inventou a súa historia.
Fixeron a Pequenin, un gato que saíu de casa porque tiña fame e pescou 5 peixes nun lago, que comeu dun so bocado. Parecía un globo e deituse a durmir para que non lle doera a barrigola.
Tamén, fixeron á gata Lucía, que foi o campo co seus donos e perdeuse. Estivo a punto de que a comera o lobo. Pero Misa e Alberto que eran os seus donos, deronlle cunha tixola no cú e Lucía escapou con eles a casa.
E rematamos co gato Pepinillo, que saiu da súa casa e chegou a unha cova onde había moitos animais cos que vivir, ata que chegou o lobo e casi os come a todos. Co susto, espertou porque todo era un soño. Pero caeu da cama que tiña na ventana e rompeu un oso. Pasou uns día no veterinario e volveu a casa. E agora vai durmir no chan para non ter problemas. Inventores de historias...






No hay comentarios:
Publicar un comentario