miércoles, 29 de noviembre de 2017

Carolina, Gael e Rosana en... "Gato vermello, gato azul".

Rosana, Carolina e Gael fixeron unha representación deste conto tan interesante, onde descubrimos que todos e todas somos especiais, porque somos diferentes!!!

 Coñecimos a dous gatos de cor diferente e gustos e formas de ser moi diferentes... que pelexaban porque eran así, diferentes!!!

 A un gustáballe correr moi rápido e subir ás árbores. O outro prefería pintar e ir despacio, porque tiña medo a facerse dano.
 Un día quixeron probar a ser como o outro. Comeron cousas da súa cor, puxéronse cousas da súa cor, pero non resultou.
 E de novo pelexaron. Pero logo, miráronse e descubriron que era importante e moi divertido ser diferentes. Enton, déronse unha aperta moi forte e nunca máis pelexaron por iso.

 Logo, pensamos en que nos pareciamos ao gato vermello e en que ao gato azul. Descubrimos que algúns somos como o gato azul, outros como o vermello e que outros parecémonos aos dos dous gatos. E por todas esas diferencias e semellanzas, somos uns amigos e amigas xeniais!!!
 Como non podía ser de outra maneira, rematamos cun gracias e un intercambio de agasallos. Rosana deixounos poñer os difraces de gato e quedaron na clase, para xogar con eles . E nos abrimos a nosa caixa de bicos e démoslle unha chea de bicos e apertas. Mil gracias!!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails