miércoles, 8 de noviembre de 2017

Alanna e os coidados gatunos!!!

 Hoxe Alanna estivo ensinándonos todo o que se necesita para coidar gatos e gatas. No caso da súa familia, para coidar un gato chamado "Golfo". Según ela, porque é un pouco travieso.  
Trouxo tres gatos nunha bolsa e moitísimas cousas. E explicou moi ben para que e como se empregaban. Vimos o que se precisa para levalos de paseo. Porque lles gusta ver o que hai pola rúa e á xente.


 Tamén, ensinóunos a súa comidad e un "comedero" moi divertido . E contou que poden comer cando queiran, movéndoo coas súas patas.


Trouxo cousas para peitealos e facerllles caricias. Un montón de xoguetes, porque lles gusta moito xogar coma nos e se poñen contentos. Tiña pelotas, ratóns que fan coxegas, outros que saltan, etc. E tamén, unha bolsa moi diferente, que pode facer de cama, ou que podemos empregala para levalos con nos. Algúns dixeron que a facer a compra ou de viaxe, e que non estiveran sos e tiveran medo.


 E despois de escoitar todo o que nos contou... tocou experimentar. Tocamos, xogamos e fomos donos e donas de gatos e gatas, coidándoos moi ben.




Canto aprendemos, compartindo o que temos!!! Gracias.

1 comentario:

Unknown dijo...

😍😍 Da gusto ver lo bien que lo pasan

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails