jueves, 26 de octubre de 2017

Mía e os gatos momificados de Egipto!!!

Seguimos sorprendéndonos coas cosas que investigando, atopamos sobre os gatos e gatas. Mía contóunos a historia destes animais en Egipto. Onde os querían moito e por iso, ata tiñan xoias, moitas xoias. Cando morrían os enterraban nas pirámides cos seus donos, pero antes... os momificaban. Mía explicóunos como deixaban o seu corpo baleiro, e onde gardaban o corazón, os pulmóns, etc.
Que logo, os envolvían cunhas vendaxes que facían con teas, como se fosen un paquete. Tamén facían caixas de madeira para gardalos que chamaban sarcófagos, e os decoraban con debuxos e letras que facían con imaxes, porque escribían así.



Aprendemos que nas pirámides había moitos camiños, algúns de mentira, para  protexer aos gatos e gatas, e que os ladróns de xoias, non puideran robalas. Foi un bo momento para falar de como se sentían os seus donos cando morrían e lembramos algunhas experiencias. Porque algúns nenos e nenas xa lles pasou algo parecido cos seus gatos e gatas. 


Gustóunos moito o que contou Mía e quixemos experimentar eso de momificar. A profe xa estaba preparada e tiñamos na clase unhas sabas vellas, coas que fixemos anacos de tea para facer de vendaxe. 
E fixemos de gatos e gatas que morreran, e de homes e mulleres de Egipto que eran os seus donos e "moi tristes" os momificaban. Mirade como o pasamos !!!






MIL GRACIAS María e Mía. Foi toda unha experiencia.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails