miércoles, 11 de octubre de 2017

Mauro e o gato Azrael.

Mauro presentóunos a un novo gato. Azrael é o gato de Gargamel un bruxo quere comer aos pitufos.  Mauro contóunos o que fan, como enganan aos pitufos, que estivo a punto de comer a algún deles, porque é moi rápido.
Entablamos unhas conversas con debate, moi interesantes. Primeiro para saber se o gato Azrael sempre é malo e por que. E a conclusión foi que é malo, porque vive cun bruxo que tamén é malo e copia todo o malo que fai. Comprobámolo vendo un capítulo da serie. Pero tamén falamos das "amizades peligrosas" que hai no cole. Enterámonos de moitas cousas, vimos outras formas de comportarnos en determinadas situacións, curamos algúns rencores e foi moi interesante...



Logo quixeron facelo fixándonos moito en como era e que cores tiña.  E como o nome era moi raro, querían escribilo e así vimos que ten algunhas letras que temos nos, nos nosos nomes. Toda a semana  o espazo de crear estivo a tope con tanto traballo. Pero coma sempre...uns artístas!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails