Logo, decidimos facer de gatos e gatas e vivimos o que puña no conto que lles gustaba. Para iso, primeiro fixemos as casas onde vivir e facer tantas cousas. Pintamos as paredes, e colocamos mesas e cadeiras.
E comezamos a facer de gatos e gatas, paseando cando facía sol, agochándonos dentro cando chovía.
Subimos ao tellado e estivemos miando á lúa . E con coidado e sen medo, paseamos polos balcóns que estaban moi altos!!!
Xogamos cunha chea de las e foi moi divertido.
E rematamos, buscando no lixo, agasallos que os gatos e gatas, farían aos seus amigos e amigas... uns peixes riquísimos!!!









No hay comentarios:
Publicar un comentario