domingo, 29 de octubre de 2017

Investigando sobre as árbores do noso patio. Aula das ras.

Para concienciar aos nosos peques das funcións que desempeñan as árbores (son esenciais para a calidade da atmósfera, sustentan a vida doutras especies vexetais, proporcionan morada e alimento os animais. evitan a erosión do solo e a desertización ademáis do importante papel socioeconómico; proporcionan madeira, froita, celulosa, semente etc.) Nada mellor que aproveitar os recursos que temos na escola para coñecer de cerca, observar, e estudar as nosas árbores.
Deste xeito aproveitamos a calor do venres para sair ao patio cos nosos lapis, cores, pinceis e folios para observar, e pintar as árbores. Unha mañá moi entretida que aproveitamos para merendar no patio.












ÁRBORE

Durante estas semanas na aula das ras houbo moitos comentarios sobre os incendios que arrasaron os nosos queridos montes. Os nen@s intercabiaron puntos de vista do acontecido e expresaron as súas vivencias na asamblea. A través do debuxo deixaron constancia da súa percepción do acontecido. Lume nos montes, a cor negra como protagonista, casas queimadas ... 
Pero as ras queremos mandar unha mensaxe chea de cores alegres, de sol, de luz, de vida ... coa palabra árbore como centro da nosa composición artística. Porque os nen@s a diferenza dalgúns adultos é así como entenden e viven a realidade.



 

Traballo nos rincóns

Ao longo da mañá as ras acuden aos rincóns ben durante o xogo libre ou no momento das propostas de traballo. Estas foron as propostas para esta semana.

Rincón de lóxica

traballamos a serie númerica e a asociación número-cantidade

Rincón de Arte

mestura de cores primarias


Rincón das construccións
 
Rincón lectoescritura

construcción de palabras



 

Proceso de Arte

Neste 1º proceso de arte os nen@as dispoñen de diferentes obxectos para estampar en papel branco continuo: formas xeométricas, puntiños, letras, moldes variados, cepillos de dentes...
E as tres cores primarias, amarela, azul e maxenta. Non hai intruccións nin buscamos un resultado final. Os nen@as exploran coas diferentes opcións e cores ... e descubren as posibilidades que lle ofrecen os mesmos.










Anacos de arte "Ras artistas"

Cando os nen@as chegan ás 9:00 da mañá, teñen aproximadamente media hora de xogo libre. Neste tempo poden ir aos diferentes rincóns: cociña, pintura, material manipulativo (area, cunchas, paus, pedras...), construccións (con material de lóxica) ou calquera actividade que eles/as escollan libremente. É un tempo no que os nen@s atenden as súas necesidades, intereses, motivacións... Xogan a facer pequenas representacións, nas que hai un reparto de papeis (reais ou fantásticos), bailan e cantan... É un momento no que dan saída a súa imaxinación e cretividade para facer obras coma estas.

 







sábado, 28 de octubre de 2017

Aprendendo cousiñas...

Coa chegada de Nemo á nosa aula empezamos a aprender cousiñas sobre os animais en xeral, e os acuáticos en particular. Non é un proxecto como tal (precisamos ter un chisquiño máis de autonomía e capacidade de investigación, pero calma! Temos moooito tempo por diante!).

Aquí vos deixamos unha das nosas charlas sobre o tema. Como vedes, o tema da alimentación é algo que lles interesa moito, moito! :)




viernes, 27 de octubre de 2017

Gael e "Si yo fuera un gato"

Gael, trouxo de novo o conto "Si yo fuera un gato". E descubrimos cousas novas nesta historia e nas súas ilustracións. De feito, Gael tivo que repetir as veces, anacos da historia e foi un contacontos xenial!!!

 Logo, decidimos facer de gatos e gatas e vivimos o que puña no conto que lles gustaba.  Para iso,  primeiro fixemos as casas onde vivir e facer tantas cousas. Pintamos as paredes, e colocamos mesas e cadeiras.



E comezamos a facer de gatos e gatas, paseando cando facía sol, agochándonos dentro cando chovía.

Subimos ao tellado e estivemos miando á lúa . E con coidado e sen medo, paseamos polos balcóns que estaban moi altos!!!

 Xogamos cunha chea de las e foi moi divertido.


 E rematamos, buscando no lixo, agasallos que os gatos e gatas, farían aos seus amigos e amigas... uns peixes riquísimos!!!



A historia de Morocha, cos coelliños e coelliñas.

Diana a Nai de Celeste coñece a Morocha nunha tenda de teas, onde esta, escoita que os coelliños e coelliñas, queremos anacos de tea, paus, botóns, etc para facer cousas na escola. E Morocha fala con Diana e sen coñecernos, fainos un agasallo enorme, con dous botes grandes con moitos botóns, unha bolsa de paus e unha bolsa chea de teas...


Puxémonos moi contentos e falando do boa que é Morocha, decidimos facer algo para darlle as grazas. Debuxámola seguindo as instrucións de Celeste, que é a única que a coñece. Logo, facemos un  libro cos seus debuxos e metémolo nun sobre, un agasallo que lle dará Celeste.




LinkWithin

Related Posts with Thumbnails