lunes, 20 de marzo de 2017

Tivemos unha clase de guitarra moi especial, coa tía Bego de Darío.

Cantas cousa aprendemos coa tía Bego de Darío!!! Agora sabemos de que materiais están feitas as guitarras e como se chaman as súas partes. Así soubemos que coma nos, teñen unha cabeza, o colo ou mástil e o seu corpo o caixa, coa boca.
Logo, vimos como eran as primeiras guitarras que existiron e descubrimos pola forma e o número de cordas, que a quitarra que nos fixemos parécese á primeira guitarra que houbo, a unha guitarra barroca!!!. 
E tamén vimos moitas guitarras de diferentes partes do mundo que se facían con caparazón de tartaruga, con forma de triángulo, pequeniñas, moi grandes, etc. E que a forma de colocar o noso corpo para tocalas, é diferente.



Logo Bego, ensinóunos que a guitarra pode facer música para bailar e bailamos unha sevillana. Que pode facer música para concentrarse, tranquilizarse ou pensar e comprobámolo. E vimos que podemos acompañar a súa música coa voz, cantando unha canción e Bego cantou unha canción moi bonita e divertida, coa que bailamos e xogamos.



Rematamos a sesión, tocando a guitarra da súa filla, que é unha guitarra máis pequena e cun agasallo precioso que nos trouxo: un colgante cunha guitarra brillante!!!


Nos démoslle unha chea de bicos e apertas.
Canto aprendemos e que ben o pasamos!!! Mil graciñas Bego!!!

2 comentarios:

Cristina dijo...

Qué suerte tienen estos coelliños! Muchísimas gracias Bego.

Diana dijo...

Muy bonito todo ! Gracias !!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails