Hoxe estrenamos unha nova actividade dentro do noso proxecto: os RETOS CIENTÍFICOS! 🔬
Cada semana van aparecer na nosa "mesa laboratorio" uns materiais novos cos que temos que resolver un reto, e poderemos tamén experimentar libremente. É unha actividade voluntaria que poderemos facer no momento que queiramos durante toda a semana, só cunha condición importante: traballar por parellas.
O primeiro reto, con PIPETAS e CILINDRO para experimentar coas capacidades e descubrir os mililitros. Hoxe, primeiro día, e todo un éxito!!
Un mini-video para abrir boca... 😜
1 comentario:
Me encanta!!!
Publicar un comentario