Mirade que ben o pasamos con Diego o pai de Gael. É unha sorte ter tantas experiencias coa música e tan diferentes. Diego coa axuda de Gael, que é todo un experto en instrumentos... ensinóunos unha chea de cousas sobre os instrumentos de percusión. Coñecimos os nomes tan raros dalgúns deles, de que materiais están feitos, en que país os inventaron, como se poden tocar e como sonan.
E descubrimos os segredos do caixón... que é moi tímido e ten a boca na espalda. Por ela, poidemos ver que dentro ten cascabeis e cordas!!!
Foi xenial ver como se quedaban caladiños mentres tocaba Diego os instrumentos que trouxo.
Pero tamén, bailamos a súa música e gozamos facendo de músicos acompañando con outros instrumentos, tocando no nos propio caixón que era unha caixa de zapatos, xogando con Gael cando tocou o caixón grande, ou facendo ritmos nas mesas.
E porque o merecían e moito, rematamos dandolles as gracias cunha chea de bicos e apertas.
Mil grazas Diego!!!
2 comentarios:
Muchas gracias a vosotr@s y mi enhorabuena por vuestro excelente trabajo, feliz de tener a Gael en este cole tan especial, apertas .
Fd
DIEGO
Pero que bonito todo ! Gracias al padre de Gael !!!
Publicar un comentario