Hai uns días, Brandán
trouxo ao cole un porquiño na súa casiña, un porquiño que falaba!!! Foi moi
divertido falar con el, porque non entendiamos o que nos contestaba.
Brandán contounos onde estaba deitado e que lle gustaba
comer e démoslle un pouquiño da súa comida. Cada un escolleu algo que lle
gustaba para darlle. Tamén, descubirmos que algún alimentos facían música, e iso gustáballe moito ao porquiño de Brandán.
Logo, colocamos os alimentos e tocámolos para ver como eran.
Miramos a súa forma, olor, cor, cantidade que había de cada un, etc. E para xogar un pouco, xuntamos os que eran
iguais e a profe repartiu uns billetes para mercar comida. Enton, fixemos de
porquiños e cada un mirando o seu billete que tiña un número, tiña que pensar
que podía mercar para xantar. Canto
tivemos que pensar, pero... que ben o fixemos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario