Os coelliños estivemos construindo trenes con caixas, porque era unha das cousas que queriamos facer. Primeiro, fixemos un modelo e por grupos, tiñamos
que ter en conta os tamaños das caixas debuxadas, o número de caixas que tiña que ter a locomotora, a súa posición, a luz, a chimenea e o número de vagóns do tren. E tamén, os probamos e fixemos unha viaxe neles.
Despois, por parellas, decidimos facer trenes con 10 caixas das máis pequeñas, facendoos con diferentes locomotoras e número de vagóns. Un traballo
de contar, descontar, buscar tamaños, componer formas e todo de xeito
colaborativo, cos nosos compañeiros e compañeiras, en gran o pequeño grupo.
Quedaron chulísimos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario