Como temos unha cabeciña chea de ideas, non sabedes cantos
xogos fixemos coa caixa de tapóns de Tomás!!! E pasámolo xenial!!! Clasificamos
por tamaños. Contamos ata números moi grandes e sumamos dunha forma distinta.
Fixemos series diferentes para vestir ás serpes que mudaban de pel. Tentamos
facer torres. Xogamos a ser os axudantes de Papá Noel facendo os xoguetes que
uns nenos e nenas escribiron nas cartas. Xogamos a lanzar tapóns deslizándoos
polo chan e tamén ás tres en raiña. E como a cabeciña nosa non deixa de
pensar…continuará.
No hay comentarios:
Publicar un comentario