sábado, 16 de noviembre de 2013

Obradoiro de Plastilina

A semana pasada os de 5 anos tivemos unha actividade de Normalización Lingüística do Concello de Vigo: un obradoiro para aprender a facer plastilina caseira! Ingredientes? Os que temos todos na casa!
- Un montonciño de fariña.
- Engadímoslle un pouquiño de auga mesturada con unha pizquiña de sal e un pouco de colorante alimentario.
- Amasamos un bo rato, mollando as mans nesa auga de cando en vez.
- Cando está casi lista, engadímoslle un pouquiño de aceite e... tachán!!! Xa temos plasti feita por nós, e que ademáis podemos comer!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free picture slideshow

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails