domingo, 3 de julio de 2011

A NOSA DERRADEIRA ADIVIÑA?

No noso tinteiro dixital quedaban aínda dúas adiviñas pertencentes ao proxecto das árbores e que neste caso irán dirixidas a eses listiños que son os pais e os mestres, porque para os nosos rapaces isto é pan comido con toda a experiencia que teñen no choio este das Adiviñas. Intentade adiviñalo, listiños, que mañán sacamos as solucións; se tedes dificultades, a preguntarlle aos vosos fillos que para iso están, para coidar dun, o día de mañán, que vaian empezando. Esta primeira adiviña será moi doada pros mestres José e Jacobo.
LEMBRADE QUE SON ÁRBORES OU FROITOS!

Unha vella carcomida
tivo un fillo enredador.
Moitos fillos caladiños
mais un neto falador.

A segunda é un chisquiño mais fácil. Coidado doada si, pero non sinxela.

Ave chámanme de nome.
Lá non che vou dar
Se non o sabes agora,
non o vas adiviñar.

As solucións subídeas ao noso chat.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails