lunes, 16 de mayo de 2011

A CAROLINA VAISE Á INDIA

A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.
E os nenos da escola María Soliño devolveron o afecto que se lles brindaba dende unha cultura tan lonxana como a nosa, versioneando dun xeito maravilloso estas dúas cancións tan enraigadas na nosa cultura. Da primeira canción, "A Ruada de Folgoso" xa vai tempo que tiñamos noticias, pero e que tamén se atreven (i en galego) coa "Carolina". Esta visto que menos nos mesmos...
>


Que estas dous cancións interpretadas por xentes tan alleas á nosa cultura, servan para facernos un chisco conscientes do enorme tesouro cultural que os que estiveron antes ca nós, nos legaron; e días coma o de hoxe é o de mañán son un bo momento para sentirnos orgullosos deles e da nosa herdanza lingüística e cultural, non mellor ca doutros pobos pero tampouco peor.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails