Como non todo é xogar, hoxe na clase de 4 anos, tocou traballar lóxica matemática,pero unha lóxica matemática moi, moi dóce: fixemos series de CHUCHES.
E onde as fixemos?
Pois resulta que o outro día no castelo non atopamos ningunha pantasma, así que decidimos facer nós unha, e decorala coas series de chuches.
A que quedou chuli? Despois cada un de nós escribimos o que fixeramos. Mirade como quedou.
Por suposto, ao final comemos as chuches,e recordamos que "DESPOIS DE COMER, OS DENTES HAI QUE LAVAR"
No hay comentarios:
Publicar un comentario