Hoxe 2 de abril celébrase o día Internacional de Concienciación sobre o Autismo, un día adicado a que a sociedade se volque e teña un mellor coñecemento da problemática deste trastorno que afecta seriamente á comunicación e á interación social.
Realizar un achegamento profundo e adecuado requeriríanos un blogue enteiro, mais grazas a este magnífico aporte do CEIP da Pobra de Brollón imos coñecer algúns dos síntomas que acompañan ao autismo.
Se queres saber dalgunha coleción de libros infantís acomodados para nenos autistas visita o noso Blogue da Biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario