Do blogue da biblioteca chegounos este fermoso poema que nos vén que nin pintado para o noso próximo proxecto sobre "As árbores". Polo que lemos no nos@ blogue Bibliotegrinha, é un traballo de Carlos Fontes que incluso se chegou a musicalizar co nome de "Poemas con música e Piruletas, por parte de Adrián Silva e Jorge Alberte, formando parte do Festival pola lingua que percorreu toda Galicia no ano 2010.
Senteime baixo a pereira e deume unha pera.
Senteime baixo a ameixeira e deume unha ameixa.
Senteime baixo a figueira e deume un figo.
Senteime baixo a cerdeira e deume unha cereixa.
Senteime baixo a maceira e deume unha mazá.
Senteime baixo o pexegueiro e deume un pexego.
Senteime baixo o carballo e deume tanta alegría
que comín peras, ameixas, figos, cereixas, mazás
e pexegos todo o día.
E isto último é o que desexamos para os futuros nen@s do EEI Monte da Guia, grazas a que agora estamos prantando este fermoso carballiño.
2 comentarios:
Lindíssimo o poema!
Muito sucesso para o vosso projecto " As Árvores";)
obrigados
Publicar un comentario