jueves, 3 de marzo de 2011

O ROMANCE DE GAIFEROS DE MORMALTÁN


Se nos anos 70 (unha eternidade) eras un neno, era frecuente oír nos radiocassetes dos teus pais agrupacións corais en galego ou este romance de Gaiferos de Mormaltán interpretado por un señor que nin siquera recoñecías pero que utilizaba un galego cunha entonación moi distinta ao que estabas acostumado e que o interpretaba cun instrumento que alomenos non deixaba de sorprenderche, a zanfona. O que aquel home interpretaba era unha xoia do noso romanceiro, un romance que tiña a súa orixe na Idade Media e narraba a peregrinación do último duque de Aquitania, vasta rexión de Francia. Co tempo souben que o intérprete era un gran folclorista galego que nos 50 dou novo pulo a zanfona e chamado Faustino Santalices.
Este romance xacobeo corresponde ao ciclo carolinxio ou medieval. Nelas dise que Guillermo X pelegrinóu a Compostela en 1137, morrendo ante o altar do apóstolo o día de Venres Santo dese ano. No famoso códice denominado “Calixtino” cítase a pelegrinación do duque baixo o nome cabaleresco de Gaiferos de Mormaltán , un nome que aparece citado en innumerables romances, incluso no Quixote.
Ademáis da versión primeiriza de Faustino Santalices deixámosvos a magnífica versión, mais recente de Lúar na Lubre.

Lúar na Lubre


Faustino Santalices

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails