Como xa sabedes estamos de cheo no Entroido. Na nosa escola como en moitas outras continuamos coa tradición galega do Meco. O Meco é un “invitado” que nos vai a axudar a pasalo mellor nestes días de festa. Esta persoaxe indícanos o que debemos traer para disfrazarnos cada día. Así iremos poñendo prendas de roupa acumulativamente, ata chegarmos ao venres completamente caracterizados.
- O Mércores temos que traer un zapato de cada cor
- O Xoves algo posto na cabeza
- E o Venres algo ao redor do pescozo
O Meco tradicional representaba a unha figura odiada polo pobo como podían ser recaudadores de impostos (inda hoxe non se lles ten moito agarimo), terratenientes... Dentro do noso proxecto sobre os castelos eliximos como o noso Meco a esta persoaxe histórica do Medievo Galego.
NUNO FREIRE DE ANDRADE “ O MAO”
PODES BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE ESTA PERSOAXE COS TEUS PAIS?
O venres 4 de marzo celebraremos a gran festa do antroido, co seguinte horario.
- 9:00: Entrada dos nenos e nenas, ao igual que sempre.
- 11:00: gran comida medieval (na que só participarán os nenos e nenas)
- 12:15: gran desfile do antroido, seguido dunha danza medieval.
INDICACIÓNS SOBRE A VESTIMENTA PARA O VENRES
No hay comentarios:
Publicar un comentario