Onte 24 de Febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro coincidindo coa data do seu nacemento alá polo lonxano 1837. O noso colexio non foi alleo a tal celebración,e estiveron preparando un dos seus mais coñecidos poemas. Mais como cando un quere falar de poesía galega parece inevitable relacionala con Amancio Prada, no noso blogue deixámosvos o link a un pequeno agasallo que en forma de canción gratuita Amancio colgaba na súa páxina. É unha versión dun poema de Rosalía incluido no seu libro "Cantares Galegos" e que xa fixera nun dos seus primeiros discos "Un repuludo gaiteiro", esta vez na compañía do grupo Rumbadeira.
Podes descargalo dende aquí, facendo click enriba co boton dereito e escollendo a opción gardar destiño como:
1 comentario:
É muito importante não esquecer aqueles que fazem parte da nossa história e deram um contributo positivo.
Ofélia
Publicar un comentario