Do Culturgal traémosvos outra novedade para os que vos guste bailar e mais se é en grupos grandes. Nun formato que empeza a ser corrente nas mais recentes producións galegas, CD-DVD-Libro, a Editorial Kalandraka produce o primeiro traballo do Grupo Pesdelán chamado na "Punta do pé". O grupo xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.). Pesdelán é moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario