martes, 9 de noviembre de 2010

O MAGOSTO

Nos días comprendidos entre o 1 de Novembro, día de Tódolos Santos e o 11 do mesmo mes, día de San Martiño, é costume facer o Magosto onde sempre abondan as castañas asadas, o viño novo e os chourizos. No xeito mais tradicional faise unha fogueira co pico dos piñeiros e, con castañas cubertas entre dúas capas de faísca. É parte da festa emborrarse a cara coas cinzas, así como facer distintos xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares. Nunca faltou en Galicia unha boa comida, fose do tipo que fose, que non estivese acompañada de cantigas populares


Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero,
non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.

Moitos preguntarédesvos que significa a palabra magosto, pois é nin mais nin menos ca ación de magostar ou sexa asar castañas. As castañas foron durante moito tempo a base alimenticia do pobo galego; utilizábase como froito seco ou moído como fariña, mais coa chegada do millo e a pataca de América no século XVI, perderon o seu lugar de privilexio na dieta campesiña. Hoxe en día son ademais un bocato de cardinale coma o cotizado postre do "marron glacé".




Según contaba o viaxeiro inglés Swinbume do século XVIII, a xente de Galicia comía castañas a véspera do día de Defuntos coa crenza de que cada unha libraba unha alma do purgatorio.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails