O día 27 de maio celebrouse o Día Nacional do Celíaco e nós quixemos concienciar aos nososnenos e que coñecesen mais de preto unha afeción que se caracteriza pola intolerancia permanente ao gluten. Esta intolerancia que soe manifestarse por primeira vez na infancia, provoca un mal funcionamento da mucosa intestinal, cunha mala absorción dos nutrintes dos alimentos que acarrea graves consecuencias de malnutrición, trastornos dixestivos e unha variada serie de trastornos extradixestivos, como anemias, dermatite, depresións, dores óseas.
Neste día tan especial tivemos a colaboración da nai dunha alumna que sofre tal afección, así como dunha representante da Federación de Asociacións de Celíacos de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario