jueves, 27 de mayo de 2010

RAMÓN TRIGO

Ramón Trigo Alonso nace en Vigo en 1965. A súa formación é autodidacta e inicia a súa andaina como ilustrador e autor de cómics a idade de 18 anos, cando realiza as súas primeiras ilustracións en xornais e publicacións galegas. Dous anos despois o seu primeiro traballo como pintor foi a realización dunha serie de murais en varios locais da provincia de Pontevedra. Entre 1986 e 1987 ilustra os seus primeiros libros infantís e xuvenís. Dende entón alterna o seu traballo de ilustrador e autor de albums infantís e cómics, coa pintura e a escultura.
Realizou diversas exposicións en España e no extranxeiro entre as que destacan "Luz Interior" na Galería Alameda de Vigo, "Mar de Fondo" na sede do parlamento europeo en Bruxelas e "Finisterrae" na Galería Paloma Pintos en Santiago de Compostela. Tamén participou na I Exposición de ilustradores Galegos de Libros Infantís no Auditorio Municipal de Cangas.
A súa traxectoria artística está colmada de premios artísticos coma o primeiro Premio de Arte Xoven do Concello de Vigo 1989, o primeiro Premio de Cómic da Diputación de Cuenca 1998, o primeiro Premio do Certame Internacional do Álbum Infantil Ilustrado Ciudad de Alicante 2005 por "Casa vacía", o primeiro premio do Concurso Internacional do Álbum Infantil Ilustrado da Biblioteca Insular-Cabildo de Gran Canaria 2007, pola súa obra "Yo vivía en el fin del mundo"...



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails