Dentro do que son os actos das letras galegas, programamos para o mes de maio, un achegamento á nosa herdanza cultural dentro do eido da música. Así, o pai dun dos nosos alumnos familiarizou aos nenos cun dos instrumentos que mais caracterizan a nosa música como é a gaita. Aquí o tedes interpretando unhas pezas acompañado dunha base instrumental de tambor.
Velaí vén o gaiteiro,
por detrás do pinar,
velaí vén o gaiteiro,
vén da banda do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario