Este mes ademáis de ser o mes da nosa lingua é o dunha das tradicións mais fermosas da nosa cultura, a dos maios. Unha tradición que se remonta a tempos dos románs e incluso antes. Unha tradición extendida en tempos por toda Galicia e que sobrevive en zonas puntuais da nosa xeografía. Nesta pequena representación reflíctese o que pode ser ese día na zona de Pontevedra e Marín, ademais de facer un percorrido histórico pola festa; todo elo acompañado co belo poema de Curros Enríquez "Ahí ven o Maio", ao que puxo música Luis Emilio Batallán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario