miércoles, 3 de marzo de 2010

PEIXE DA ARDORA

Dúas familias do noso colexio quixeron compartir connosco o que significa o seu traballo diario, o contacto coa natureza, co mar, tan cercano e tan lonxano ao mesmo tempo para os nosos rapaces. E quitándolle tempo ao seu merecido descanso trouxeron do mar recén pescados e aínda vivos, uns cantos especímenes que habitan no fondo das nosas rías: polbos, acedías, lampreas, mexilóns, santiaguiños...


Como podedes ver na montaxe fotográfica a ardora e unha arte de pesca coa que os mariñeiros pescan durante as noites sen lúa da estación veraniega e outonal no que as aguas teñen unha fosforescencia especial; en palabras dos mariñeiros parece como si o mar ardese. Pénsase que é debido a acunulación duns pequenos bichiños microscópicos que viven no mar chamados placton e que brilan. Os ingleses, agora que está tan de moda o inglés, chámanlle milky sea. Aquí vós deixamos unha foto do mar brilando pola noite.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

a ver para cando as adiviñas...noraboa polas explicacións técnicas, nótase que o que sabe, sabe!!!

Anónimo dijo...

La verdad que da gusto, así aprendemos todos de todos. Moi ben
polo blog.
Saudiños

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails