O pasado venres día 4 de Decembro visitamos a Fundación Caixa Galicia que expón unha mostra sobre a pintora galega Maruja Mallo (Viveiro, 1902 - Madrid, 1995), unha das claves da vangarda española de principios do século XX e destacada representante do surrealismo. En total, hai expostas máis dun centenar de obras, procedentes de distintas institucións que nos transmiten a esencia da obra de Maruja Mallo.
Dende aquí queremos agradecer a atención das monitoras do centro que con gran paciencia explicáronnos de xeito moi ameno o que motivaba a pintar a esta grande artista galega. Os rapaces vivenciaron logo nos talleres a obra da artista , os seus "leit motifs".
LIBRO DE VIAXES
Para pasar as follas fai cun click na esquina inferior dereita das mesmas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario