Logo do enorme éxito obtido na nosa entrada no mundo das adiviñas (a algúns incluso lles dou por pensar), volvemos coa primeira das adiviñas cos nenos plantexarán; e cun doble obxetivo, o de ser capaces de darlle solución a adiviña e de identificar a voz do neno. Esta vez o noso artista invitado é un dos rapaces de 3 anos.
Posdata: Esta vez sí que é unha pista verdadeira, non coma a dos muiños que moitos pensaron que era Holanda. Esta visto que nestes tempos xa non se pode fíar ún nin siquera das mascotas dos colexios. Hai que buscar información e ser mais observadores. Que non había tulipáns por ningures¡
E por ser a primeira de moitas outras que virán, quixemos adornala un pouquiño; pois a partir de agora, as adiviñas dos rapaces virán como ven ésta, na barra lateral, debaixo do apartado adicado ao noso cole. As solucións podedelas subir no chat da mesma barra, que permanecerá aberto en tanto en canto sigan aparecendo novas adiviñas.
1 comentario:
Anécdotas!!!
el otro día, llevando a mi hija al cole, venía un pequerrecho contándole una adivinanza a su madre, ("...verde por fuera, blanco por dentro sino lo adivinas espera...") la verdad es que entre las respuestas de su madre y mi hija, me alegraron el día. Detalles de nuestros peques.
Un papa
Publicar un comentario