sábado, 17 de enero de 2009

Visita ao Marco

Pois xa de volta das vacacións, tivemos unha sorpresa: unha excursión. Fomos coas profes ao museo "Marco", na rúa do Principe. Para os nenos e nenas de 3 anos, foi unha experiencia nova, pois era a primeira vez que ían de excursión, e algún non sabía onde iría ao rematar a mesma. Menos mal que a confianza nas profes é total e poden convencer de casi calquera cousa, ata de que o autobús nos leva a todos e todas de volta ao cole.
No Marco visitamos unha exposición relacionada coa maxia, e construimos uns atrapasoños. Ademais había unha máquina do tempo, na que se podía viaxar ao pasado ou ao futuro. Como so podían viaxar as persoas maiores (por se non volvían) viaxaron Alfredo (que se atopou con Superman)e Raquel (que chegou a un sitio onde non había coches e a xente ía andando ou a cabalo).
Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa experiencia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

La verdad es que las excursiones son para ellos toda una aventura, desde un día antes están planeando hasta quién va a ser su pareja en el bus, disfrutan de cada detalle! Muchas gracias profes!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails