Pois chegou a semana da PAZ, e hoxe,na clase, estivemos xogando coas súas letras.
¿E sabedes o que pasou?
Pois que xirando o "N" de PAZ pasamos a PAN, e volvemos a PAZ.
Falando diso coa profe contounos que no mundo hai nenos e nenas que non teñen comida, NIN CAMA, nin xoguetes, e que andan descalzos. Tamén nos ensinou fotos de nenos que estaban moi delgados, pero o que nos pareceu máis raro foi o da cama. ¿Como poden durmir se non teñen cama?
Mañá imos seguir falando diso, pero agora deixámosvos o xogo que fixemos coas letras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario