miércoles, 3 de diciembre de 2008

Un cumple diferente

O luns celebramos no cole o aniversario de Valentina e de Iria, que cumplían 4 anos.
Para festexalo participamos nun obradoiro de cociña coa axuda da mamá de Iria e da mamá e os avós de Valentina .
Primeiro disfrazamonos todos e todas de cociñeiros cuns gorros moi altos.














Adornamos uns pasteis que quedaron moi, moi bonitos.

Os avós e a mamá de Valentina son de México e alí é tradición nos cumples romper unha piñata mentres se canta unha canción.
A piñata era un león que viaxou desde México para celebrar o cumple con nós. ¿A que é moi bonita?














Entre todos e todas conseguimos facerlle un pequeno burato ao león que empezou a soltar caramelos, bonequiños e globos.








Aquí tedes a cronoloxía do obradoiro de cociña.


E aquí a fase da piñata.


Gracias as dúas familias que nos fixeron disfrutas dunha festa de aniversario diferente e gracias á familia de Valentina que nos fixo coñecer costumes do seu pais. Agora xa sabemos máis cousas de México. Como din as profes, "iso do multiculturalismo é moi enriquecedor".

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Genial!!! Qué cumple tan divertido, muchas felicidades a Iria y a Valentina.

Anónimo dijo...

La verdad, que bonita trdición, y que razón tienes al decir lo enriquecedor que es el compartir las tradiciones.
Fam. Espiñeira

Anónimo dijo...

Felicidades por el blog, muy buen trabajo por parte de todo el equipo de profesores, haceís que los papas estemos más "cercanos" al cole.
Un papa

Tegriña dijo...

Grazas a todos polos comentarios. O profesorado do cole queremos que este sexa un espazo educativo para os nenos e nenas e no que vós participedes activamente. Queremos crer que o imos conseguindo. Grazas a vós por axudarnos nesta tarefa.

Marta dijo...

¡Qué cumple tan chuli!

¡¡¡FELICIDADES VALENTINA E IRIA!!!

¡Un millón de biquiños!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails