domingo, 19 de octubre de 2008

TRABALLANDO

Moitas grazas polos comentarios que nos ides deixando, xa sabedes que un blog facémolo entre todos e todas, e moitas grazas a Paula polo premio que nos adica no seu blog.
Hoxe queremosvos amosar o noso traballo.

Os peques do cole aínda nos estamos afacendo a moitas cousas e as veces non conseguimos escoitar un conto enteiro, pero imos progresando. Aquí a profe Eva contabanos un conto que tiña algo que ver co outono e despois empezamos a facer un mural coas cores do outono. ¿A que nos quedou moi chuli?




Os medianos xa sabemos moitas cousas, pois xa temos 4 anos. Esta semana fixemos unha árbore de outono con follas secas que recollemos no patio. Ademais estamos facendo uns manteis para a hora da merenda. ¿A que sabemos traballar moi ben?




Pois nós somos os maiores, e este é o último ano que pasaremos no cole. Esta semana estivemos falando das cousas que nos dan medo e das que non. Entre as primeiras, apareceron as pantasmas, as bruxas, os dragóns, os ogros, e estivemos coloreandoos. Por suposto, tamén falamos da escuridade, pois cando se apagan as luces, todos e todas temos un chisquiño de medo, ainda que pouco, porque xa somos moi maiores. Aquí deixamos algunhas fotos do noso traballo, e da nosa escuridade.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Canto traballades!

Os de 3, precioso ese mural coas cores do outono. Seguro que foi moi divertido facela!

Preciosísima a árbore de outono dos de 4. Este ano xa non sodes os peques do cole e traballades moi ben!

E os de 5... ¡uns mestres do pincel! Seguro que eses cadros darán moito medo.

¡¡¡Biquiños gordos para todos!!!

susana dijo...

me encanta poder ver las fotos y trabajos de los pequeños.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails