Seguro que estades desexando coñecer con todo detalle as cousas que fixemos esta semana, non sí? Pois xa estamos aquí para contárvolo...
O mércores fomos ao Monte Veciñal de Coruxo a plantar carballos. Levábamos toda a semana mirando ao ceo, preocupados porque ameazaba chuvia, pero finalmente tivemos sorte porque fixo un tempo estupendo.
Ao chegar, recibíronnos uns monitores encantadores cos que estivemos toda a mañá. Leváronnos á nosa parceliña, onde tiñamos xa todo preparado: as árbores e os instrumentos necesarios para plantar. Primeiro tiveron que explicarnos cómo había que facer, porque nós non sabiamos! Tiñamos que sacar o carballo da maceta, metelo con moito coidadiño no burato, botarlle terra e logo un pouquiño de auga. Por suposto, escoitamos as explicacións dos monitores con moita atención para facelo ben.
Por parellas, plantamos as árbores. Realmente foi unha experiencia moi divertida porque:
- Tivemos a oportunidade de plantar unha árbore, algo que seguro que ninguén fixera antes.
- Fixemos algo que aos peques nos encanta: ¡mancharnos! Esta vez foi con terra, coa que
- Fixemos algo que aos peques nos encanta: ¡mancharnos! Esta vez foi con terra, coa que
aproveitamos tamén para traballar texturas, ver se estaba fría ou quente, seca ou mollada...
- E tamén observamos a cantidade de seres vivos que hai no monte, na terra, nas árbores...
Despois de tan duro traballo... ¡qué fame! Déronnos a cada un unha bolsiña coa comida, que disfrutamos comendo ao aire libre. ¡Qué ben nos sentaron eses bocatas e laranxas!
- E tamén observamos a cantidade de seres vivos que hai no monte, na terra, nas árbores...
Despois de tan duro traballo... ¡qué fame! Déronnos a cada un unha bolsiña coa comida, que disfrutamos comendo ao aire libre. ¡Qué ben nos sentaron eses bocatas e laranxas!
Pasamos unha mañá xenial. E queremos agradecer á Fundación Caixa Galicia a súa atención e organización, porque foi estupenda.
Agora... ¡a disfrutar vendo as fotos! ¡Non olvidedes deixarnos algún comentario!
4 comentarios:
Da gusto veros cuidando el medio ambiente, aprendiendo tantas cosas y divirtiéndoos tanto!!
Muchos besitos!
Qué cantidad de cosas haceis!! No parais!! Disfrutadlo!!
Pues Marta, tienes razón, es el primer árbol que planta Valentina, y nos encantó la idea, da gusto que nuestros peques lleguen cansados e ilusionados a casa.
esperamos que crezcan mucho esos carballos, y que nuestros peques planten muchos más, que buena falta hace.
Me encanta ver esta cosas! Felicidades por hacerlo posible.
Publicar un comentario